miércoles, 15 de octubre de 2014

SAN CIBRÁN NO RECORDO

Quén pode testificar que dona Aragonta non visitara estes lugares?

Imaxe de San Cibrán
Son unha persoa namorada do monte, e sempre que teño algún tempo libre, gosto de ir a pasear por el. Vivín moitos anos na Casa-Escola da Picoña, dende alí en pouco tempo se chega ao monte de San Cibrán. Polo camiño práceme contemplar ao lonxe, adiviñar as formas ou figuras dos penedos, escoitar os cantos dos paxaros...
Dende San Cibrán a vista é maravillosa, cando un se atopa alí, ata sente un certo recelo da inmensa tranquilidade. Teño percorrido moitas veces o monte de San Cibrán e os montes que o arrodean e o protexen: penedo Coruxo, Cabernouro, Chan de Couso...,e sempre atopo algo novo, algo que me chama  a atención., e penso ao mesmo tempo na forma de vida daquelas persoas que na antiguedade habitaron no castro de San Cibrán, no castelo de Cans, no Faro de Budiño e en moitos lugares.da nosa bisbarra.
Anos atrás , xa bastantes, estes montes eran moito máis fermosos, a monotonía dos eucaliptos, o chamado "progreso", o asfaltado das pistas, o abandono do pastoreo ...foron facendo desaparecer  gran parte da súa beleza..


A ERMIDA.- Non teño data da construcción da ermida, pero nos apuntes históricos da Santa Catedral de Tui, polo Lcdº don Ricardo Rodríguez Blanco, no Boletín Eclesiástico de Santiago do ano 1879, se fai referencia á ermida de San Cibrán de Guláns.
Se conta que uns pastores  atoparon a imaxe de San Cibrán no kugar onde hoxe se ergue o cruceiro, e que alí foi edificada a primeira ermida no lugar chamado a Reguerira do Cristo. Unhas pedras que ali se poden observar poideran ser os cimentos da dita ermida.
Adicarlle a ermida a San Cibrán, e xa dende antes darlle o nome a ese monte, penso, por unha banda que San Cibrán tiña sido na súa xuventude, denantes da súa conversión:,  nigromante, astrólogo...e por outra a superstición que en abondo sempre tivo e aínda conserva o noso pobo.




Ermida de San Cibrán.-1970

O CRUCEIRO.- No alto da Regueira do Cristo se ergue o Cruceiro, iniciativa de don Mariano Piñeiro Groba, fillo e abade de Cristiñade. Se lle coñece coma a Cruz do Século, xa que foi edificada no ano 1900. Na base, nunha placa de mármore se nomean as catorce parroquias que aportaron os seus donativos para a construcción do memo.
De rapaces, e sin ser tan rapaces, sempre que se vai a San Cibrán, hai que ir ata o cruceiro. Dende alí, hai anos, hacia o Sul se divisaba a ponte internacional de Tui, o pai MInho serpenteante e tranquilo. É un espectáculo incomparable.

Cruceiro de San Cibrán.-1970
O PENEDO.- Hai moitos penedos que chaman a atención polas súas formas, pero aínda máis polas condicións de habitat que teñen, que sen dúvida foron pétreas vivendas dos noso antergos. De entre todos eles, érguese desafiante o chamado penedo de San Cibrán (o queixo para os montañeiros). 
Nos días da festa no monte os rapaces gatean por el por unha pequena raxadela que ten,  por suposto bastante arrisgado, sendo máis fácil o ascender co descender.. Non recordo, afortunadamente, que houbera algunha desgracia, algún susto si o houbo. Dende el se domina unha paisaxe realmente impresionante.
Conta unha lenda que o Apostolo Santiago se detivo a descansar no  monte de  San Cibrán na súa peregrinación por estas terras, e engade que nun penedo está marcada a ferradura do seu cabalo.
                                              
                                                   
                                                        ORACIÓN A SAN CIBRÁN

Deus meu, cuio principio é ter piedade e perdoar ó pecador , acolle benigno miña súplica  e fai pola vosa clemencía e piedade que eu e cantos estexan amarrados con o lazo da culpa sexan desamarrados e absoltos; tamén vos rogo, Señor, que mediante a intervención do glorioso mártir San Cibrán, sexamos libres de todo maleficio  e do poder do espíritu malo. Así sexa.